O martes 15 de xullo ás 12:00h saen á venda novos abonos do BIGSOUND Festival.
A venda farase a través de enterticket e poderás acceder desde a Web Oficial bigsoundfestival.com
Ao acceder serás redirixido a unha cola virtual. NON actualices a páxina durante o proceso. Cando chegue a túa quenda, levarache directamente á compra. Haberá miles de persoas intentando comprar, así que ten paciencia.
Unha vez consigas acceder, apareceranche diferentes prezos e tipos de abonos. En BIGSOUND Festival 2026 existen 3 tipos de Abonos:
○ Abono XERAL: Dende 42E gastos de xestión incluídos (irá subindo de prezo a medida que se esgoten os cupos establecidos). Permíteche acceder ao recinto de concertos de BIGSOUND Festival durante os días 17 e 18 de xullo de 2026.
○ Abono FRONT STAGE: Dende 85E gastos de xestión incluídos (irá subindo de prezo a medida que se esgoten os cupos establecidos). Acceso á zona dianteira (primeiras filas) dos escenarios con visión privilexiada e acceso ao recinto de concertos de BIGSOUND Festival durante os días 17 e 18 de xullo de 2026. O acceso ao Front Stage do segundo escenario limitarase segundo o momento se hai aforo completo.
○ Abono MENORES (0 a 12 anos): Dende 25E gastos de xestión incluídos. Prezo especial e cupo limitado ata esgotar existencias. Unha vez esgotadas, os menores poderán acceder igualmente, pero adquirindo un Abono XERAL ou FRONT STAGE segundo a zona á que desexen acceder. Permíteche acceder ao recinto de concertos de BIGSOUND Festival durante os días 17 e 18 de xullo de 2026.
Poderás realizar nun mesmo proceso a compra de 8 abonos como máximo por persoa e terás 10 minutos para completar o proceso. Se un usuario inicia a compra, pero non a finaliza, esas entradas quedarán liberadas. Os métodos de pago aceptados na plataforma de Enterticket son os seguintes: Tarxeta crédito / débito: Visa, Mastercard.
Unha vez selecciones os abonos que queres, pedirache os seguintes datos do comprador: nome e apelidos, teléfono, dni, email, data de nacemento e código postal
Se un comprador adquire varias entradas para diferentes asistentes, deberá encher os datos de cada asistente de forma obrigatoria.
Todos os ABONOS son nominativos, a persoa que veña reflectida na entrada non poderá ser outra persoa diferente ao asistente ao evento. A tal efecto, requirirase o DNI ou pasaporte para acreditar a túa identidade nos centros de acreditacións para trocar a túa entrada pola pulseira de acceso aos distintos recintos do festival. A organización realizará a validación electrónica de todas as entradas. Non se permitirá o acceso ás persoas que teñan entradas xa validadas previamente.
A actualización ou cambio de nome será gratuíto ata o 15 de decembro de 2025 ás 23:59h. Tras esa data, o cambio de nome terá un custo de 10E.
Unha vez adquiridos os teus abonos recibirás un email de confirmación de compra.
Se non localizas a túa entrada no mail, revisa a túa carpeta de spam ou pestana de promocións, e se non a atopas, escribe un mail a: ventas@enterticket.es
Se precisas contactar connosco podes facelo en: ventas@enterticket.es